Núñez Briones, Andrea  



Documento sin título Todas as mulleres que eu
fun,

vivíamos abandonadas no paraíso terreal.

As veces, unhas faciamos café a piques de ferver

outras esperábamos calquera nova que nos fixera

querer ter marido.

(Dixérannos que as fadas morrían a esgalla cando

deixábamos de crer nelas)

Unhas críamos en Dios e outras dicíamos que non había tanto sitio.

O descontrol era o pupitre da esquerda

e rouba-lo coche do pai, algunha noite, para tombarnos na parte de

atrás, contemplando varias lúas diferentes.

Una desas mulleres sentou un día seria

e explicoulles, detidamente,

as outras mulleres de min,

que estábamos

a quilómetros de pestanas entre todas nós.

Entón… revolución, protesta, cartáces, choros, reumas, choiva,

choiva e mais choiva para limpar todos os desastres do mundo.

Todas estas Mulleres que eu fun,

son, agora,

as que Eu Son.

(pero… ninguén falou, neste poema, de min
mesma).

Andrea Núñez Briones



Seguinte      Anterior

 

(Podedes enviar textos ou imaxes a: andaina@andainamulleres.org)

Un espacio aberto as vosas creacións...